Publicador de contidos

Publicador de contidos

En xaneiro abre o prazo para solicitar as axudas da Xunta para mellorar a imaxe exterior das vivendas

En xaneiro abre o prazo para solicitar as axudas da Xunta para mellorar a imaxe exterior das vivendas

O orzamento destas axudas duplícase ata os dous millóns de euros e están dirixidas a propietarios particulares

O prazo de solicitude abrirase a partir do 16 de xaneiro e os interesados poderán optar a achegas de ata 3.000 € para intervir sobre fachadas, cubertas e muros

G24.gal 20/12/2025 14:39 Última actualización 20/12/2025 18:56

A Xunta convocará en xaneiro as axudas a particulares para mellorar o exterior das súas vivendas e outros bens. Increméntase a dotación en 2026, duplicando o orzamento ata os dous millóns de euros e co que se prevé chegar a máis de 700 cidadáns.

As axudas están dirixidas a propietarios particulares para mellorar a imaxe exterior das súas vivendas así como a retirada de elementos adxacentes aos inmobles que prexudiquen a súa imaxe ou poidan causar algún tipo de impacto visual.

O prazo de solicitude abrirase o 16 de xaneiro e os interesados poderán optar a achegas de ata 3.000 € para intervir sobre fachadas, cubertas e muros. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático visitou hoxe unha desas vivendas reformadas en Arzúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade