Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha das dúas únicas explotacións de magnesita de España está no concello lugués do Incio

Unha das dúas únicas explotacións de magnesita de España está no concello lugués do Incio

A magnesita ten múltiples usos tanto industriais como alimentarios. É un dos ingredientes que se emprega na produción de pensos para animais.

O xacemento do Incio leva máis de 60 anos activo e as prospeccións estiman que ten mineral suficiente para que a explotación continúe activa outros 25 anos máis

G24.gal 27/06/2025 14:17

En Galicia hai indicios da presenza de ata 15 da trintena de materias primas consideradas estratéxicas pola Comisión Europea. Unha delas é a magnesita, un mineral empregado tanto en fertilizantes, en compostos para alimentación animal ou na elaboración de ladrillos refractarios. Pois ben, unha das dúas explotacións que hai en España está en Galicia, no concello lugués do Incio.

Das galerías do xacemento subterráneo na parroquia de Rubián de Cima extráense cada ano unhas 70.000 toneladas de magnesita.

A explotación comezou en 1961 a ceo aberto ata que no 85 condicionantes medioambientais obrigaron a cambiar á minería subterránea. A día de hoxe hai máis de 40 quilómetros furados baixo terra, cunha profundidade de 400 metros. 

Preocupados pola minería sostible, a explotación ten acreditación na ISO de xestión ambiental. Trátase da explotación dun recurso que recibe o respaldo da Xunta. Das galerías deste xacemento subterráneo na parroquia de Rubián de Cima extráense cada ano unhas 70.000 toneladas de magnesita. 

Trátase da explotación dun recurso que recibe o apoio da Xunta. A Conselleira de Economía e Industria, que hoxe visitou as instalacións, di que o goberno galego apoia o desenvolvemento mineiro da nosa comunidade porque se trata dun recurso natural que proporciona riqueza, a creación de emprego industrial e autoabastecemento.

A magnesita ten múltiples usos. No revestimento de fornos e fabricación de material refractario, na industria química, na agricultura como corrector do solo e fertilizantes, no tratamento de augas e tamén na fabricación de pensos. De feito, o 80 % do mineral que se saca de aquí vai para a industria alimentaria. 

"Fundamentalmente emprégase para alimentación animal, de gando vacún. Exportamos unhas 70.000 toneladas a Centroeuropa principalmente, aínda que algo tamén a Escandinavia e chegamos a Emiratos Árabes. Incluso algo a América do Sur e Norte de África", di Eduardo Jiménez, director xeral de Magnesitas de Rubián.

Unha empresa que leva 60 anos asentada nesta comarca con tres xeracións de traballadores e traballadoras residentes na zona. A continuidade está garantida xa que as sondaxes indican que o xacemento conta con reservas para polo menos outros 25 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade