Robles: "A morte de miles de nenos en Gaza é inaceptable"
O Ministerio de Exteriores convoca o encargado de negocios da embaixada de Israel en España
Agrávase a crise diplomática entre España e Israel. Exteriores convocou o número dous da embaixada israelí en Madrid, por publicar un comunicado acusando a Pedro Sánchez de liderar unha cruzada na súa contra.
Esta mañá, a ministra de Defensa aseguraba no Senado que España non compra nin vende armas a Israel dende o inicio do conflito o 7 de outubro de 2023, e volveu condenar os ataques á poboación gazatí.
Para Margarita Robles, a morte de "miles e miles de nenos, non so polas bombas, senón tamén pola falta de programas alimentarios, é rexeitable e inaceptable".
Na súa quenda de réplica, o senador do PP José Antonio Monago acusou o Goberno de "especializarse en enfadar a quen non debería: a Israel, a OTAN, os Estados Unidos". O popular pregúntase se ao Executivo lle queda "algún aliado fiable máis alá de Venezuela ou as felicitacións públicas de Hamás ou os hutís do Iemen".