Cargando resultados...
Vicky Vázquez renova como adestradora das Celtas
No seu primeiro ano no club conseguiu o ascenso á Segunda Federación

G24.gal
27/06/2025 13:49
A viguesa Vicky Vázquez continuará á fronte do equipo das Celtas. O club e a adestradora pecharon o acordo para que o vencello se prolongue unha campaña máis despois do ascenso acadado a temporada pasada. As Celtas ascendeu de categoría e tentará continuar cos éxitos nesta 25-26 na Segunda Federación.
Vicky coñecía perfectamente o club ao que chegou, pois xa adestrara nas categorías inferiores e sabía polo miúdo da actualidade do fútbol feminino ao adestrar a selección galega sub-15. No seu pasado estaban outros equipos como o Rápido de Bouzas, o Lérez, o Santa Mariña ou o Sárdoma.
