Cargando resultados...
Gómez Noya e Pablo Dapena lembran a fazaña de 2019 para o tríatlon galego
Os dous deportistas volven á liña de meta na que lograron o título e subcampionato mundial en longa distancia conseguido hai seis anos
Este domingo repítese a proba no mesmo escenario
G24.gal
27/06/2025 14:46
Son agora adestradores, e colocámolos diante desa inesquecible liña de meta que cruzaron hai seis anos. Aqueles triatletas son agora adestradores. Javi Gómez Noya dun grupo de elite sub-23 da Federación Española e Pablo Dapena de triatletas como Antonio Benito, actual campión do mundo de longa distancia e gran favorito para gañar este domingo en Pontevedra.
Os dous proclamáronse campión e subcampión do mundo de triatlon en longa distancia no ano 2019, un evento tamén organizado na Cidade do Lérez.