Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Betis fala do futuro de Borja Iglesias: "Ten contrato, non o imos regalar"

O Betis fala do futuro de Borja Iglesias: "Ten contrato, non o imos regalar"

Manu Fajardo, director deportivo do club andaluz, asegurou que "o club que o queira terá que negociar"

G24.gal 27/06/2025 14:12

O Betis mete presión por Borja Iglesias. Sabe do interese que ten o Celta en contar con el e do interese do xogador de repetir en Vigo. Cun ano máis de contrato e unha ficha que está por riba dos catro millóns de euros, o Betis tamén vería con bos ollos desprenderse do xogador, pero non a calquera prezo. 

A aposta do Betis polo santiagués no seu momento foi moi importante (28 millóns de euros). Agora quere sacar tallada despois dun grande ano do Panda, no que marcou 11 goles e resultou decisivo para a clasificación europea do cadro vigués.

"Borja ten contrato, incorporarase á disciplina do Betis como calquera outro xogador", asegurou Manu Fajardo, director deportivo do club andaluz. 

"O que queira a Borja Iglesias terá que sentar para falar co Betis. O que está claro é que non o imos regalar", seguiu afirmando Fajardo, que agarda por un ofrecemento satisfactorio da entidade olívica para facerse cos servizos do xogador.

A partida de xadrez continúa entre as tres partes. O Celta comeza o traballo o 1 de xullo e Claudio agarda ter a Borja desde o comezo, aínda que o Betis non vai poñer as cousas doadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade