Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump afirma que España acabará destinando o 5 % do PIB a defensa

Trump afirma que España acabará destinando o 5 % do PIB a defensa

Critica ao Goberno español por desmarcarse do acordo da OTAN sobre o novo obxectivo de gasto

O líder republicano ameaza con esixir compensacións a Madrid se non cumpre

REUTERS/Ken Cedeno REUTERS/Ken Cedeno
G24.gal 27/06/2025 19:16

O presidente estadounidense, Donald Trump, asegurou este venres que está convencido de que España terminará por dedicar o 5 % do seu PIB ao gasto en defensa, a pesar da súa discrepancia co novo obxectivo marcado pola OTAN para 2035.

“España non aceptou, pero farao, por suposto que o fará. Foi o único país que intentou frearse á hora de achegar o diñeiro”, afirmou Trump durante un acto na Casa Branca no que comentou as últimas resolucións do Tribunal Supremo dos Estados Unidos.

Críticas pola posición de España na OTAN

Os líderes da OTAN acordaron esta semana na cumio da Haia elevar do 2 % ao 5 % o obxectivo de investimento en defensa.

España apoiou o principio xeral do acordo, pero expresou que non prevé superar o 2,1 %, cifra que considera suficiente dadas as súas prioridades e capacidades.

Trump celebrou o novo compromiso colectivo: “Fixeron cousas que ninguén cría posibles. Aumentaron o financiamento do 2 % ao 5 %. Ninguén pensaba que algún día pagarían o 2 % e agora pagan o 5 %”.

Amenazas de represalias comerciais

O líder republicano, que participou persoalmente no cumio, leva días cargando contra o Executivo de Pedro Sánchez por esta postura. Asegurou que negociará directamente con Madrid un acordo comercial e que esixirá ao país “pagar o dobre” para compensar a diferenza en investimento militar.

Desde o Goberno español, Sánchez lembrou que España é un Estado soberano e que a política comercial é competencia exclusiva da Unión Europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade