Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro bombeiros da Coruña, preparados para participar de novo nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros

Catro bombeiros da Coruña, preparados para participar de novo nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros

Algúns comezaron a competir hai xa dezaseis anos

Na súa mochila virtual levan moita ilusión e moitas ganas de facelo ben

G24.gal 27/06/2025 14:20

Conta atrás para catro bombeiros da Coruña que, un ano máis, marchan  a participar nos Xogos Mundiais de Bombeiros e Policías.

"Estamos que fervemos. Xa marchamos o martes e estamos cos últimos detalles", comenta Agustín Barreiro, "H", bombeiro da Coruña.

"Este ano son nos Estados Unidos e cada un competirá en distintas probas: natación, remo, peso... Pero na proba que máis pensamos é na carreira de escaleiras, tanto individual como en equipo", comenta Ruben Prado, bombeiro da Coruña.

Para a proba das escaleiras adestran na Torre Hercón, a máis alta de Galicia, que conta cun total de 37 andares. Porén, para competir, amais do traxe regulamentario, terán que cargar co seu equipamento que rolda os 25 quilos e vanse ter que afrontar a un rañaceos máis alto. "Son días duros porque sempre pensas que non vas ben preparado, que necesitabas unha semana máis... Pero bueno: con ganas xa de marchar", di H.

Saben ben ao que van, porque algúns comezaron a competir hai xa 16 anos: "Comezamos a competir no 2009, gustounos e entón imos regularmente cada dous anos que é cando se celebran. E neste tempo gañamos premios. Todas as veces que puidemos competir como equipo na carreira de escaleiras, gañamos", conta Rubén Prado.

Na nosa mochila virtual levamos sobre todo compañerismo e moita ilusión", engade H. Esa ilusión e as ganas de facelo o mellor posible... serviranlles para gozar desta nova aventura sexa cal sexa o resultado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade