Cargando resultados...
Arde un vehículo na saída do aeroporto de Alvedro, en Culleredo
O lume tamén afectou a masa forestal, polo que os labores de extinción fixéronse cunha motobomba

G24.gal
19/06/2025 12:28
Un incendio rexistrado nun vehículo na AC-14, na saída do aeroporto de dirección A Coruña, afectou a masa forestal, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros do parque provincial de Arteixo.
Segundo informou o Consorcio provincial, o suceso tivo lugar sobre as 8:36 horas no carril sentido A Coruña, no termo municipal de Culleredo.
O lume tamén afectou a masa forestal, polo que os labores de extinción realizáronse cunha motobomba
No punto atopábase a Garda Civil de Tráfico, Conservación de Estradas e bombeiros forestais.