Cargando resultados...
Unha furgoneta calcinada nun incendio obriga a cortar o tráfico no Milladoiro (Ames)
O home logrou saír a tempo, pero a furgoneta quedou completamente calcinada
O incidente obrigou a cortar o tráfico na avenida principal do Milladoiro
G24.gal
18/06/2025 20:54
Unha furgoneta ardeu no Milladoiro, no concello de Ames. Foron outros viandantes os que advertiron ao seu condutor de que había lapas nos baixos do vehículo.
O home logrou saír a tempo, pero a furgoneta quedou completamente calcinada.
O incidente obrigou a cortar o tráfico na avenida principal do Milladoiro. É o segundo percance deste tipo que se produce esta semana en Galicia. Entre as explicacións manéxase a das altas temperaturas destes días.