Novas
.png)
Remata o Gadis Surf Festival de Ferrol, cinco días de ondas coa elite mundial
29/06/2025 17:30
Celebráronse dúas probas oficiais do circuíto mundial: a Longboard LQS 1000 e a Júnior WSL JQS 1000
Ademais das probas de surf, o festival tivo música en vivo, espazos gastronómicos, ludoteca e mercado artesán

Este domingo as máximas tocan teito arredor dos 40º
29/06/2025 16:58

Montero pide a Santos Cerdán que colabore coa Xustiza na súa declaración no Tribunal Supremo
29/06/2025 16:53
Espera que o Comité Federal do próximo sábado sexa un "abrazo fraternal" dos socialistas tras a "dor" provocada polo caso

A Xunta promoverá as Illas Atlánticas con actividades gratuítas de observación astronómica
29/06/2025 16:41
A Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía (FEGAR) difundirá os valores que desde 2016 acreditan este espazo como destino turístico Starlight
A programación arrincará este martes e prolongarase ata a primeira fin de semana de setembro
Éste é o noveno ano consecutivo que se realizan estas actividades

O tomiñés Manu Ochoa volve pisar o podio na Copa do Mundo de Praga
29/06/2025 16:32
Viña de gañar a anterior proba en Lleida e acaba no terceiro posto na capital da República Checa

O coruñés Carlos Martínez proclámase campión do Mundo de baloncesto 3x3
29/06/2025 15:25
Derrotaron na final a Suíza por 21-17 e conseguen o galardón por primeira vez para a selección española

Cine e embarcacións tradicionais de pesca únense en Marín
29/06/2025 15:21
As actividades paralelas do festival Cine do Mar incluíron un encontro de embarcacións tradicionais no porto de Marín

Pecha a campaña da centola con máis de seis millóns de euros de facturación
29/06/2025 15:03
Esa facturación en primeira venda é a maior da historia
Segundo as cifras de Pesca de Galicia, teranse poxados nas lonxas galegas máis de 484.000 quilos
A vindeira campaña que comezará no outono

Alicia Fernández carga pilas en Valdoviño antes de comezar unha nova etapa en Polonia
29/06/2025 14:57
Alicia Fernández, xogadora galega internacional de balonmán, cambia a vindeira temporada a liga de Romanía pola de Polonia
Ante esta nova etapa, conversamos con ela na casa, na calma que lle achega o mar en Valdoviño

Mondoñedo celebra a 46 edición da rapa da bestas do Campo do Oso
29/06/2025 14:44
No curro xuntaron arredor de 200 bestas procedentes dos montes de Santa María Maior

O primeiro domingo de rebaixas de verán está a competir cos que prefiren o mar polo calor
29/06/2025 14:18
Este domingo son moitos os que aproveitan este día de descanso para ir de compras

A loita contra a violencia machista, presente na mensaxe da ofrenda do Antigo Reino de Galicia
29/06/2025 14:00
Estreou a súa declaración como Ben de Interese Cultural, un recoñecemento a un acto que se remonta a tres séculos atrás e no que participan representantes dos sete concellos que formaban o territorio
Conmemora o acordo para contribuír ao gasto que tiña a Catedral de Lugo para iluminar o Santísimo Sacramento, que ten exposto permanentemente no altar
Unha alfombra floral homenaxea ao Antigo Reino de Galicia e ao Corpus Christi

Localizan o cadáver do mozo de 23 anos desaparecido nunha praia de San Vicente de la Barquera
29/06/2025 13:53
Estaba bañándose cun amigo, que puido ser rescatado; ao parecer non sabían nadar ben

Antonio Benito coróase en Pontevedra como o rei do tríatlon de longa distancia
29/06/2025 13:44
O discípulo do galego Pablo Dapena arrasou sacándolle máis de sete minutos ao segundo clasificado

O ministro Cuerpo avoga por un sector financeiro con entidades medianas e de proximidade
29/06/2025 13:18
Sostén que esta aposta é "plenamente compatible" con avanzar cara a unha unión bancaria europea

Unha alfombra floral homenaxea o Antigo Reino de Galicia e o Corpus Christi
29/06/2025 13:03
Os especialistas de Ponteareas desprazáronse a Lugo para realizar un traballo que espertou admiración e curiosidade

Álvaro Muñoz, capitán do Obradoiro, despídese do club despois de seis temporadas
29/06/2025 12:28
O aleiro, de 34 anos, buscará novos desafíos lonxe do cadro santiagués

Un de cada tres autónomos di que non terá vacacións este verán
29/06/2025 12:08
O 25% dos autónomos di que non descasará en todo o ano
O 12% asegura que levan máis de tres anos sen pechar por vacacións
Son os datos dun estudo realizado pola Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA)

Diego Villares, un comodín de primeira para Antonio Hidalgo
29/06/2025 12:04
O chairego considera que o adestrador vai achegar máis disciplina táctica e traballo no balón parado

Rusia lanza o maior ataque masivo da guerra contra Ucraína, con case 500 drons e 60 mísiles
29/06/2025 11:48
O ataque deixa un morto e varios feridos
A Forza Aérea de Polonia activou os seus cazas durante o ataque, xa que afectou zonas próximas ás súas fronteiras

Rey Varela, ante o congreso do PP: "Rueda é o presidente autonómico con máis apoios"
29/06/2025 10:37
O PPdG afronta con ilusión o Congreso Nacional dos populares da próxima fin de semana no que sairá reelixido Alberto Núñez Feijoo
José Manuel Rey Varela, secretario de organización do Congreso, salientou a importante participación dos militantes galegos que acoden á cita con 316 compromisarios

Cita para os coleccionistas e os amantes das antigüidades en Santiago
29/06/2025 10:25
Corenta e seis expositores achegan á Área Central na capital galega unha infinidade de produtos únicos

España busca a sorpresa na final do Eurobásket diante de Bélxica
29/06/2025 09:55
O equipo dirixido polo galego Miguel Méndez tentará acadar o quinto título e vingar a derrota de hai dous anos contra este mesmo rival

Morre unha muller ao chocar unha moto de auga e unha lancha en Manilva (Málaga)
29/06/2025 09:44
O accidente tivo lugar na concorrida praia dos Toros

Dous feridos ao chocar a súa embarcación cunha batea na Illa de Arousa
29/06/2025 09:27
Tiveron que ser evacuados ao hospital do Salnés

70 líderes mundiais acoden a Sevilla para reforzar a solidariedade e o multilateralismo
29/06/2025 09:23
O secretario xeral das Nacións Unidas, António Guterres, e o presidente de Goberno español, Pedro Sánchez, inaugurarán a IV Conferencia Internacional sobre o Financiamento para o Desenvolvemento da ONU na sesión plenaria do 30 de xuño
Estarán representados 193 países da ONU, todos agás os Estados Unidos, que argumentan estar en desacordo con varios aspectos do documento final
Pedro Sánchez considera que o cumio de Sevilla é"o momento da verdade" para axudar ao desenvolvemento

A Axencia Tributaria agarda 24,5 millóns de declaracións na campaña que remata este luns
29/06/2025 09:18
Son un 3,1 % máis ca o ano pasado, e sete de cada dez sairán a devolver

Jorge Prado asina a mellor actuación no AMA Pro Motocrós
29/06/2025 09:05
Acabou de quinto na xeral no Gran Premio de Southwick e pelexou cos primeiros da clasificación

A Xunta activa os niveis de alerta 2 e 3 por altas temperaturas: Ourense achégase os 43 graos
29/06/2025 08:59
A actividade deportiva federada no exterior queda suspendida durante esta xornada e este luns
Domingo de calor abafante en Galicia logo dunha noite tropical con termómetros por riba dos 27 graos
Granado, en Huelva, rexistrou o récord nun mes de xuño en España: 46 graos

O Senado dos EUA aproba o debate do polémico presuposto de Trump
29/06/2025 08:15
Establece uns 4 billóns de dólares en recortes de impostos, eleva o gasto en defensa e control migratorio, e redúceo en programas sociais como Medicaid e cupóns de comida

Morre un bañista en Nigrán tras ser rescatado do mar
29/06/2025 07:57
Persoal sanitario desprazouse ata o areal de Praia América, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida
Localizan o cadáver do mozo de 23 anos desaparecido nunha praia de San Vicente de la Barquera

O G7 anuncia un pacto para eximir as multinacionais dos EUA do imposto mínimo do 15 %
28/06/2025 22:34
A cambio, o secretario do Tesouro estadounidense, Scott Bessent, pediu ao Congreso eliminar a chamada cláusula 889, que incluía impostos en represalia
En 2021, 136 países acordaron establecer un imposto de multinacionais mínimo do 15% e o compromiso de repartir parte dos beneficios nos países onde se xeren

A calor chega ao norte na xornada do domingo
28/06/2025 22:00

Éxito total dun Resurrection que trouxo a Viveiro 120.000 persoas en catro días
28/06/2025 21:24
O festival celebra o vixésimo aniversario deixando na Mariña uns 20 millóns de euros

Comeza o programa Encoro Aventuras, que permite descubrir lugares afectados por presas
28/06/2025 21:13
A iniciativa inclúe actividades participativas coma música, astronomía ou enoturismo, como outra forma de coñecer enclaves de interese non tan populares desde o punto de vista turístico

A Coruña conmemora o 16º aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio Mundial
28/06/2025 21:11
O Concello deseñou un programa cultural que inclúe recreacións, rutas teatralizadas e teatro

As altas temperaturas animan moitos bañistas a refrescarse nos areais
28/06/2025 20:58
No interior de Galicia algunhas zonas superaron os 35 graos
A calor abafante durará ata o mércores

28/06/2025 20:50
Na festa de verán da carballeira das Lagoas participaron uns corenta coches históricos, o máis antigo é un Dogdge M37 do ano 1951
Un coche considérase histórico cando ten máis de trinta anos desde a primeira matriculación

Falece José Antonio Redondo, exconselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
28/06/2025 20:12
José Antonio Redondo faleceu este sábado aos 74 anos
Tamén foi director do Instituto Galego de Vivenda e Solo entre 1995 e 2005
A súa vocación era a docencia; era catedrático de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Santiago de Compostela

Chapela fai dobrete na casa seguida de Tirán no inicio da LGT
28/06/2025 19:55
O terceiro chanzo do podio foi ocupado por Mecos na Feminina, e por Samertolameu na Liga A