Cargando resultados...
O tomiñés Manu Ochoa volve pisar o podio na Copa do Mundo de Praga
Viña de gañar a anterior proba en Lleida e acaba no terceiro posto na capital da República Checa
G24.gal
29/06/2025 16:32
O tomiñés Manu Ochoa goza dun gran momento de forma esta temporada. Viña de gañar hai tres semanas o ouro na proba da Copa do Mundo de La Seu d'Urgell e este domingo volveu a subir ao caixón na Copa do Mundo de Praga. Desta volta o padexeiro galego foi superado por Butcher, de Nova Zelandia, e por Martin Rudorfer, da República Checa.