España busca endereitar o rumbo no EuroBasket diante de Bosnia e Hercegovina
Os de Scariolo precisan a vitoria tras caer con contundencia na estrea diante de Xeorxia
Avanza o EuroBasket e este serán chega o segundo partido para a selección española. Buscará a primeira vitoria diante de Bosnia e Hercegovina.
O rival derrotou de xeito contundente a Chipre no primeiro partido por 27 puntos de diferenza. O equipo bosníaco será unha proba para ver se España pode ofrecer un mellor nivel que o amosado na estrea diante de Xeorxia.
O corpo técnico esixe máis dureza no xogo. Para Sergio Scariolo, "a cuestión non é a táctica, temos que endurecernos como equipo. Con tan poucos partidos de preparación na mochila, non é sinxelo para os rapaces".
Pola súa banda, o equipo quere permanecer unido: "Estivemos moi xuntos, como a familia que somos. Intentaremos ter un bo estado de ánimo para competir e facelo ben", afirma Saint-Supery.