Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pablo Graña métese na final do C1 200 e loitará polas medallas este venres

Pablo Graña métese na final do C1 200 e loitará polas medallas este venres

Tamén se celebra o venres a final do K4 500 cos galegos Arévalo e Germade

G24.gal 21/08/2025 20:25

Boas novas dende o mundial de piragüismo de Milán. O cangués Pablo Graña clasificouse para a final na proba de C1 200 metros. Graña gañou a súa semifinal cun tempo de 38.75, a mellor marca da proba nestes mundiais. Tamén se clasificou para a final Diego Domínguez, do club Breogán do Grove en C2 500 metros formando parella con Joan Andoni Moreno.  

Bos resultados nunha xornada que finalizou antes de tempo a causa dunha tormenta de pedrazo durante as probas de paracanoe. Este venres comeza a loita polas medallas en que estarán os galegos Arévalo e Germade no K-4 500 e Pablo Graña no C1 200.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade