Publicador de contidos

Publicador de contidos

España busca a sorpresa na final do Eurobásket diante de Bélxica

España busca a sorpresa na final do Eurobásket diante de Bélxica

O equipo dirixido polo galego Miguel Méndez tentará acadar o quinto título e vingar a derrota de hai dous anos contra este mesmo rival

G24.gal 29/06/2025 09:55

A selección española feminina de baloncesto buscará este domingo diante de Bélxica o quinto título do Eurobásket. Logo dos acadados en 1993, 2013, 2017 e 2019 esta nova xeración de xogadoras, coa presenza das galegas Raquel Carrera, Paula Ginzo e María Araújo chegou á final malia non saír coa condición de favoritas.

As vitorias en cuartos, contra a República Checa, e nas semifinais. diante de Francia, tiveron o mesmo guión. Ata o descanso España ía por detrás no marcador pero nunca lle perdía a cara ao partido. No segundo tempo aproveitaron o seu momento para colocarse por diante e acadar vitorias moi apertadas. 

Bélxica sae como favorita. pero nas semifinais contra Italia xa demostrou que se lle pode discutir o partido (66-64). Contan cunha das mellores xogadoras do mundo, Enma Meesseman, rodeada dun grupo de compañeiras de primeiro nivel. No último Eurobásket a final xa foi a mesma e daquela gañaran as belgas por 64-58. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade