O coruñés Carlos Martínez proclámase campión do Mundo de baloncesto 3x3
Derrotaron na final a Suiza por 21-17 e conseguen o galardón por primeira vez para a selección española
A selección española de baloncesto 3x3 proclamouse campioa do mundo en Mongolia acadando este galardón por primeira vez na súa historia. No equipo está o coruñés Carlos Martínez, decisivo ao longo de todo o torneo. Na final gañáronlle por 21-17 a Suiza. O heroe do derradeiro partido foi Diego De Blas, con 12 puntos (5 triplas). Martínez anotou dúas triplas (4 puntos).
O camiño da selección non resultou doado. Tiveron que ir ao play in diante de Australia para clasificarse para os cuartos de final. Pero nos tres últimos partidos o nivel foi moi alto. Contra China gañaron por 21-16 e nas semifinais diante de Alemaña levaron o triunfo cun 21-15.
