Publicador de contidos

Publicador de contidos

A forza de Riazor buscará impulsar o novo proxecto do Deportivo

A forza de Riazor buscará impulsar o novo proxecto do Deportivo

O equipo coruñés estréase esta temporada como local diante do Burgos (domingo, 17:00 horas)

G24.gal 23/08/2025 20:16

Este domingo a liga volverá a Riazor. Unha estrea na casa que ilusiona. Roldará o cheo se comparecen todos os abonados con asento, máis de 26.000. Eles xeran a gran forza do equipo e iso comezará a demostrarse diante do Burgos (17:00 horas). A Federación de Peñas prepara unha previa para crear ambiente. E sobre o céspede, Hidalgo tamén ten claras as súas bazas para estimular á bancada.

Igual que fixo o Deportivo en Granada, o Burgos debutou gañando, 5-1 ante a Cultural Leonesa. Será un rival xa moi traballado. O Deportivo debutará na casa coa terceira equipación, a da bandeira galega en solidariedade cos afectados polos incendios. A única baixa é a do mediocentro José Angel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade