A Selección sub-19 feminina, campioa de Europa tras golear a Francia (4-0)
É o cuarto título continental consecutivo para España nesta categoría, e sétimo en total
Esta mañá, as xogadoras recibiron unha merecida homenaxe nas Rozas
A selección sub 19 confirmou o seu dominio en Europa. Pasan as xeracións pero España segue a dominar o fútbol feminino. Mallou en Francia na final do Europeo, guiadas por Cris Librán. Ela fixo o primeiro cun potente disparo dende fóra da área no minuto 23. E pouco despois, no 35, chegou o segundo, obra de Agote.
Con este resultado marcharon o vestiario. E no segundo tempo, Francia meteu trocos ofensivos que non serviron de moito. Porque España seguiu a dominar o partido, seguiu a crear oportunidades. Serrajordi dentro da área puxo o 3-0 no 69. E o cuarto , no 87. obra de Noemi Bejarano.
Cuarto título consecutivo para España, o sétimo en total. O futuro semella que vai seguir de festa.
Despois do triunfo, a selección volveu ás Rozas, onde foi recibida para un homenaxe polo presidente da RFEF, Rafael Louzán. Tamén estaban presentes as xogadoras da selección absoluta, que seguen concentradas para a disputa da Eurocopa.