Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alberto Abalde cae da lista do Eurobásket por lesión

Alberto Abalde cae da lista do Eurobásket por lesión

O xogador ferrolán tivo unha lesión muscular no adutor da perna esquerda que lle vai impedir estar dispoñible as vindeiras semanas

G24.gal 17/08/2025 19:18

O ferrolán Alberto Abalde non poderá estar no Eurobásket. No partido deste sábado diante da selección de Francia que servía de preparación para a cita, Abalde sufriu un problema muscular. Despois das exploracións do corpo médico determinaron que tivera unha lesión de grao II no adutor da súa perna esquerda. O período de recuperación é de tres a catro semanas co que non poderá estar ás ordes de Scariolo para un campionato que empeza en dez días. 

Abalde gañárase un lugar despois dunha gran temporada no Real Madrid. Mellorou moito as dúas prestacións defensivas e ofensivas. Gozou da confianza de Mateo (case vinte minutos de media por partido) e mediou 6,8 puntos e 2,7 rebotes por partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade