Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca tropeza no último encontro de preparación antes do comezo da Liga F

O Deportivo Abanca tropeza no último encontro de preparación antes do comezo da Liga F

Perdeu por 0-1 contra o Osasuna que levou en Ribadeo o Emma Cuervo feminino

G24.gal 23/08/2025 13:55

O Deportivo Abanca tropezou diante do Osasuna (0-1) no último amigable antes do comezo da temporada na Liga F. O equipo navarro xoga na Primeira Federación, un chanzo por debaixo das deportivistas, pero vai ser un dos equipos referencia na categoría. 

O dominio do encontro foi para as xogadoras de Fran Alonso. Non tiveron o seu mellor día en ataque e apenas puxeron en problemas á porteira do Osasuna. O único tanto chegou no minuto 71 nun erro no despexe da porteira Yohanna, que acababa de entrar no partido. A presión de Claudia Riomalló permitiulle tocar o coiro e mandalo ao fondo da rede. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade