España derrota ao Xapón no amigable previo á Eurocopa (3-1)
O partido quedou marcado pola ausencia de Aitana Bonmatí, hospitalizada cunha meninxite
Montse Tomé afirmou que a xogadora recupérase favorablemente e vaina agardar
Ata o mércores podería agardar a selección por Aitana Bonmatí, 24 horas antes da estrea na Eurocopa diante de Portugal. A evolución da dobre balón de ouro marcará a súa dispoñibilidade para este gran evento que o equipo español puido preparar cun único amigable, diante da sempre competitiva e incómoda Xapón.
O rival tomou vantaxe nunha xogada que partiu dun mal pase de Aleixandri, que recupera Tanaka e define ela mesma, superando á defensa ex deportivista María Méndez.
O gol en contra espabilou o equipo de Montse Tome que foi capaz de igualar xusto antes do descanso. Foi unha excelente xogada na que participan Alexia Putellas, Marina Caldentey, Ona Batlle e Claudia Pina, a que marca. A barcelonista chega nun óptimo momento á Eurocopa e pode ser unha referenza no equipo español.
Unha mala saída de balón nipoa e unha posibla falta de Alexia supuxo o segundo. Recuperou e marcou Viky López, quizais a substituta natural de Aitana Bonmatí.
Puido chegar o empate, pero Nakata atopouse con Cata Coll e tamen o 3 -1 cunha falta directa de Mariona Caldentey que golpeou contra a trabe.
O terceiro tivo que agardar case contra o final. Asinouno a madridista Athenea del Castillo. Golazo para pechar o partido e encarar con optimismo a inminente cita europea.