Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rusia lanza o maior ataque masivo da guerra contra Ucraína, con case 500 drons e 60 mísiles

Rusia lanza o maior ataque masivo da guerra contra Ucraína, con case 500 drons e 60 mísiles

O ataque deixa un morto e varios feridos

A Forza Aérea de Polonia activou os seus cazas durante o ataque, xa que afectou a zonas cercanas ás súas fronteiras
 

Ataque con drons a Kíiv a pasada noite ( REUTERS/Gleb Garanich) Ataque con drons a Kíiv a pasada noite ( REUTERS/Gleb Garanich)
G24.gal 29/06/2025 11:48

O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, denunciou un ataque masivo ruso na noite do sábado con 477 drons e 60 mísiles, que deixou un piloto morto e seis feridos en Slima, no centro de Ucraína, e outros tres en Limán, no leste.

 "Case durante toda a noite, as alertas soaron en toda Ucraína, 477 drons, a maioría deles ruso-iranianos 'Shahed' voaron sobre os nosos ceos xunto a 60 mísiles de varios tipos", escribiu Zelenski na súa conta da rede social X, ao aludir a unha ofensiva rusa na que perdeu a vida un piloto da Forza Aérea e no que se rexistraron varias persoas feridas.

"Tráxicamente, mentres repelía o ataque, morreu o noso piloto de F-16, Maxim Ustimenko", dixo Zelenski sobre o militar que perdeu a vida nun misión defensiva na que logrou destruír sete obxectivos aéreos antes de morrer.

"As miñas condolencias á súa familia e irmáns de armas. Ordenei que se investiguen todas as circunstancias da súa morte", apuntou o xefe de Estado ucraíno.

Un dos edificios afectados polo ataque ruso Un dos edificios afectados polo ataque ruso

Zelenski denunciou que o ataque ruso dirixiuse contra "todo o que sustenta a vida", mentres que a prensa ucraína valorou o ataque da noite do sábado como unha ofensiva de "récord" polo número de sistemas empregados por Rusia contra Ucraína, segundo o termo empregado polo medio 'Ukrayinska Pravda'.

"Un edificio residencial en Smila tamén foi alcanzado, e un neno resultou ferido. Os servizos de emerxencia están a responder alí onde se lles necesita", abundou o presidente sobre as consecuencias dun ataque que nesa cidade do centro ucraíno deixou un total de seis persoas feridas, segundo o primeiro balance.

Cidadáns refuxiados nunha estación de metro durante o ataque ruso ( REUTERS/Alina Smutko) Cidadáns refuxiados nunha estación de metro durante o ataque ruso ( REUTERS/Alina Smutko)

Na cidade de Limán, un matrimonio e o seu fillo de doce anos resultaron feridos ao impactar unha bomba rusa contra o edificio de vivendas no que se atopaban, informou a Fiscalía Rexional de Donetsk.

Na cidade de Leópolis, no oeste do país, as autoridades informaron de danos en infraestrutura crítica, segundo recolleu a axencia ucraína 'Ukrinform'.

Alarma en Polonia

A Forza Aérea de Polonia activou todos os recursos que tiña á súa disposición na noite do sábado a este domingo durante o ataque de Rusia contra o territorio ucraíno, pois a ofensiva rusa afectou territorios próximos á fronteira polaco-ucraína.

Segundo informou á primeira hora deste domingo o Mando Operativo das Forzas Armadas de Polonia a través da súa conta da rede social X, "debido ao ataque da Federación Rusa que leva a cabo contra obxectivos situados no territorio de Ucraína, a aviación polaca e aliada" activouse no país da Unión Europea (UE) veciño de Ucraína.

Foron activados, segundo esa mensaxe, "todas as forzas e recursos dispoñibles".

Ata 1.270 drons contra Ucraína nunha semana

Na súa mensaxe, Zelenski publicou imaxes dos danos causados polos bombardeos rusos esta semana e fixo un breve balance.

"Moscova non se deterá mentres teña a capacidade de lanzar ataques masivos. Só esta semana lanzáronse máis de 114 mísiles, máis de 1.270 drons e case 1.100 bombas planadoras", destacou o presidente ucraíno, que aludiu ás, á súa entender, nulas intencións do seu homólogo ruso, Vladímir Putin, de alcanzar a paz.

"Hai tempo que Putin decidiu que seguiría facendo a guerra, a pesar dos chamamentos do mundo en favor da paz. Hai que poñer fin a esta guerra: hai que presionar ao agresor", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade