Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álvaro Muñoz, capitán do Obradoiro, despídese do club despois de seis temporadas

Álvaro Muñoz, capitán do Obradoiro, despídese do club despois de seis temporadas

O aleiro, de 34 anos, buscará novos desafíos lonxe do cadro santiagués

G24.gal 29/06/2025 12:28

O capitán do Obradoiro, Álvaro Muñoz, despediuse do club no que estivo as últimas seis temporadas. Algo pouco habitual no baloncesto actual, que un xogador que non é canteirán dunha entidade xogue tantos anos no mesmo equipo. 

Muñoz non era un xogador que destacase polos seus números espectaculares pero sempre daba un bo rendemento ao equipo. Ao longo dos 158 partidos que xogou coa camisola obradoirista promediou 4'1 puntos nunha media de 16 minutos por partido. Formado no Valladolid, xogou en Fuenlabrada e Baxi Manresa antes de chegar ao cadro compostelán alá polo ano 2019. Cinco campañas en ACB e unha en Primeira FEB están no seu historial. 

Só dous xogadores da historia recente melloran os rexistros de Álvaro Muñoz. Son Alberto Corbacho e Pepe Pozas que estiveron durante sete campañas no Obradoiro, e as de Corbacho non foron consecutivas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade