Cargando resultados...
Diego Villares, un comodín de primeira para Antonio Hidalgo
O chairego considera que o adestrador vai achegar máis disciplina táctica e traballo no balón parado
G24.gal
29/06/2025 12:04
Ven de cumprirse unha década desde que o suplemento Lider lle concedera a Diego Villares o balón de Ouro a mellor promesa lucense. Dez anos nos que o vilalbés experimentou unha notable evolución. Esa lectura do xogo foi o que lle permitiu os seus adestradores utilizalo en distintas posicións o longo da súa carreira.
En principio ó que deberá convencer é a Antonio Hidalgo, o novo técnico deportivista do que ten boas referencias. Pero se algo ve claro Villares é no que debe cambiar o equipo respecto a pasada temporada porque considera que "un bo inicio de campionato daríanos moita confianza". O Deportivo botará a andar o vindeiro 7 de xullo.