Novas

A Xunta implantará un sistema para poder retirar diñeiro en efectivo nas gasolineiras do rural

23/06/2025 12:13

O obxectivo é garantir servizos financeiros básicos nos concellos de menos de 20.000 habitantes

O Plan Camiña Rural mobiliza máis de 18 millóns para mellorar máis de 500 km de vías municipais


EFE

As eléctricas sinalan que o fallo de control de tensión foi a causa principal do apagamento

23/06/2025 12:13

Marta Castro, directora de regulación de Aelec, sinalou que na causa do apagamento está que Red Eléctrica non activou "todos e cada un dos recursos dispoñibles" para evitar estas flutuacións que xa se rexistraron horas ou días antes do apagamento

Aelec presentou este luns unha análise de "expertos técnicos independentes" sobre o apagamento e nas súas conclusións apunta que o cero enerxético se debeu a un problema de sobretensión con orixe multifactorial


Así son os novos bonos de Renfe tras a fin da gratuidade

23/06/2025 11:34

Os novos bonos de Media Distancia ofrecen un desconto do 70 % nas viaxes

Tamén existen os bonos de 10 viaxes, cuxo desconto será do 40 %

Os Avant manterán a rebaixa do 50 %

Etiquetas:  TREN   RENFE   BONO

Israel intensifica a ofensiva e ataca a sede da Garda Revolucionaria en Teherán

23/06/2025 11:30

O ministro de Defensa israelí, Israel Katz, asegura que o Exército estaba a atacar "obxectivos do réxime e corpos de represión gobernamentais" en Teherán cunha "forza sen precedentes"

Os dous novos ataques con mísiles de Irán a Israel que fixeron soar na mañá deste luns as alarmas en varias áreas do centro e norte do país remataron sen feridos, segundo informou o servizo de emerxencias israelí, antes de que as sirenas volvesen activar no norte de Israel

Exército iraniano: “Señor Trump, ti empezaches esta guerra, pero acabarémola nós”

Categorías:  Política   Mundo
Etiquetas:  ISRAEL   IRÁN

Ana Peleteiro, baixa para o Europeo de nacións por "causas persoais de forza maior"

23/06/2025 11:10

A súa substituta na proba de triplo salto é a valenciana María González Sanchís


Nacho Frade/Europa Press

CC. OO. rexeita o preacordo do metal de Cádiz por consolidar retrocesos en dereitos

23/06/2025 10:12

O texto pactado afecta preto de 30.000 traballadores dunhas 5.000 empresas e prevé, entre outras medidas, contratos de acceso para persoas sen experiencia co 75 % do salario basee durante 18 meses

A patronal apoiou o texto co apoio de 56 representantes de Femca, segundo o seu secretario xeral, José Muñoz


Reuters

Uns 200 bombeiros loitan contra un incendio na illa de Quíos, en Grecia

23/06/2025 10:11

O incendio comezou o pasado domingo e xa leva dous días activo

Os corpos de seguridade confían en que hoxe sexa controlado, pero saben que aínda queda moito por facer

Categorías:  Sociedade   Mundo   Sucesos
Etiquetas:  GRECIA   INCENDIO

O xuíz non envía a prisión a Ábalos e Koldo aínda que ve sólidos indicios de criminalidade

23/06/2025 09:50

José Luis Ábalos nega no Supremo que participase nunha trama corrupta e Koldo García acóllese ao dereito a non declarar

As acusacións populares pediran o ingreso en prisión do exministro e de quen fora o seu asesor, mentres a Fiscalía Anticorrupción cría que era suficiente con manter as medidas cautelares xa impostas


Exército iraniano: “Señor Trump, ti empezaches esta guerra, pero acabarémola nós”

23/06/2025 09:31

O tenente coronel Ebrahim Zolfaghari Avisou a Washington de consecuencias graves, lamentables e impredicibles polos ataques contra o seu chan

Cualificou os ataques contra as instalacións nucleares como un modo de revivir o moribundo réxime sionista que podería propagar a guerra na rexión


España pide á UE a suspensión inmediata do acordo de asociación con Israel

23/06/2025 08:44

O informe baséase en feitos verificados e avaliacións realizadas por institucións internacionais independentes, céntrase nos acontecementos máis recentes en Gaza e Cisxordania e ofrece un breve resumo das denuncias de violacións graves do dereito internacional e dos dereitos humanos

Para efectos da revisión do articulo 2 do Acordo de Asociación entre a UE e Israel, a análise céntrase nas presuntas violacións cometidas por Israel no Territorio Palestino Ocupado, e non nas perpetradas por terroristas de Hamas e outros grupos armados palestinos, precisa o documento



Os vales de Miño e Sil e o sur de Lugo, en alerta amarela por calor en Galicia

23/06/2025 08:21

A entrada dunha masa de aire cálido desde o sur provocará que mañá martes suban as temperaturas


A guerra Israel-Irán chega aos nosos petos, por Venancio Salcines

23/06/2025 07:58

Dende onte Irán quere bloquear o Estreito de Ormuz. A decisión non parece axeitada porque estaría

Serio aviso das intencións de Alcaraz na antesala de Wimbledon

22/06/2025 23:20

O murciano gaña o torneo de Queen's e suma 18 vitorias consecutivas

Categorías:  Deportes   Polideportivo
Etiquetas:  CARLOS ALCARAZ

Primeira vitoria da era Xabi Alonso no Real Madrid

22/06/2025 23:12

Bellingham, Arda e Valverde marcaron os goles

O Madrid xogou con 10 dende o minuto 7 pola expulsión de Asencio

Categorías:  Deportes   Fútbol
Etiquetas:  REAL MADRID

1.500 seguidores da mobilidade sostible asaltaron as rúas da Coruña no regreso do Día da Bicicleta

22/06/2025 23:04

A Coruña recuperou o Día da Bicicleta grazas á asociación AGAXORDE. Inscribíronse 1.500 persoas, moitas delas familias enteiras, reivindicando a mobilidade sostible.

Etiquetas:  BICICLETA

Barbero negocia co Deportivo a saída cara ao Legia de Varsovia

22/06/2025 22:58

O dianteiro ten un ano máis de contrato pero conta cunha oferta importante do fútbol polaco

Categorías:  Deportes   Deportivo

Rubén Fernández, cuarto no Gran Premio de Gran Bretaña

22/06/2025 22:54

O galego é o cuarto na xeral do Mundial a 28 puntos de Coldenhoff

Categorías:  Deportes   Motor
Etiquetas:  RUBÉN FERNÁNDEZ

A Sarriana festexa un histórico ascenso á Segunda Federación

22/06/2025 22:48

Derrotou por 3-2 ao Pulpileño cun gol decisivo de Azael na prórroga

Etiquetas:  SD SARRIANA


Milleiros de persoas enchen Ponteareas para contemplar a arte das súas alfombras

22/06/2025 22:09

Teñen máis de 150 anos de antigüidade e son candidatas a Patrimonio Inmaterial da Humanidade 


Día grande da romaría do Santo Hadrián en Malpica

22/06/2025 21:35

Os romeiros peregrinaron co santo ata a ermida onde se celebran oficios relixiosos durante todo o día

A festa está declarada de Interese Turístico de Galicia


Viaducto da AG-53 sobre a A-52 e enlace en dirección Ourense e Toén

As obras do viaduto da autovía Santiago-Ourense sobre a A-52 afectarán o tráfico a partir do luns

22/06/2025 21:10

Vai ser necesario un corte de tráfico entre as 10:00 horas do martes e as 13:00 horas do venres

O corte realizarase na vía dereita da AG-53, en dirección Ourense, desde a ligazón coa AG-54 no quilómetro 79


Galicia prepárase para celebrar a noite máis máxica do ano

22/06/2025 20:55

Reforzo de vixilancia en lugares con gran tradición, como A Coruña, que contará cun dispositivo de 1.000 persoas

O concello de Nigrán volve prohibir as fogueiras na praia e o de Vigo autoriza 21 cacharelas


Feijóo ve o anuncio de Sánchez de non gastar máis en defensa como "unha cortina de fume"

22/06/2025 20:53

Miguel Tellado, o voceiro do grupo do PP no Congreso, arremeteu contra Sánchez por comparecer "un domingo pola tarde" "para continuar na súa propia estratexia de defensa sobre os casos de corrupción que o rodean"


Localizan o cadáver do ancián desaparecido en Vila de Cruces na presa de Portodemouros

22/06/2025 20:24

Saíra a pasear co can o sábado pola tarde e, dende entón, estaba en paradoiro descoñecido


Veciños e forasteiros deléitanse coa exhibición das alfombras florais en Ares

22/06/2025 19:48

En Ares engalanaron as rúas con flores para celebrar o Corpus

É unha festa de interese turístico de Galicia que atrae miles de visitantes á vila durante a fin de semana


Xoán Carlos I en Sanxenxo este domingo. EFE/Lavandeira Jr.

Xoán Carlos I abandona Sanxenxo despois de seis días de estadía

22/06/2025 19:38

O emérito participou no Trofeo Xacobeo de vela e recibiu a visita da súa irmá, a infanta Margarida, e dos seus sobriños


Cultura, historia e biografía nas obras teatrais do cemiterio de Lugo

22/06/2025 19:14

Este domingo unha representación enxalzou a vida de tres músicos que están soterrados no camposanto lugués


Trump e Netanyahu na Casa Branca o pasado mes de abril.

Os EUA negan estar en guerra con Irán mentres Teherán ameaza con represalias

22/06/2025 18:59

Trump ordena bombardear as tres instalacións nucleares principais do país persa: Fordow, Natanz e Isfahán

Netanyahu apoia sen reservas o operativo estadounidense, a Comisión Europea pide contención e diplomacia

Tel Aviv e Teherán intensifican os ataques cruzados contra obxectivos estratéxicos en ambos os dous países


España logra un acordo coa OTAN que a exime de gastar o 5 % do PIB en defensa

22/06/2025 18:02

España gastará o 2,1 % do seu PIB en defensa, "nin máis nin menos", tras lograr un acordo coa OTAN que a exime de chegar ao 5 %:  "É desproporcionado, innecesario e incompatible co estado do benestar"

Os 32 países membros da OTAN acordan gastar o 5 % do PIB en 2035, con flexibilidade para España para gastar menos

Feijóo ve o anuncio de Sánchez de non gastar máis en defensa como unha cortina de fume

Categorías:  Política   España
Etiquetas:  PEDRO SÁNCHEZ   OTAN

Unha empresa galega fabrica un vehículo pesado eléctrico punteiro

22/06/2025 17:03

Pode ter diferentes usos con motobombas antiicendios, de carga, de defensa

Está feito ao cen por cento en Galicia e a empresa xa ten varios pedidos desde Cataluña



O baile e a música tradicionais agroman no encontro Serán 04

22/06/2025 15:06

A Cidade da Cultura acolle o IV Encontro Galego de Cultura Popular

Folk, artesanía e moita diversión regalan este evento que se celebra durante toda a fin de semana

Un milleiro de artistas participan nas múltiples actividades culturais


O camiño portugués pola costa consolídase como a ruta xacobea que máis medra

22/06/2025 14:47

Esta ruta pola costa tivo un incremento do 20% de pergrinos no primeiro semestre de 2025

O 87% destos peregrinos do camiño portugués pola costa son extranxeiros. 


Muxía estrea este verán unha casa flotante vacacional amarrada no peirao

22/06/2025 14:31

Alma Flotante é un proxecto pioneiro en Galicia para durmir sobre o mar

Acaba de abrir a axenda de alugueiro vacacional pensado para un máximo de tres persoas


Unha galega capitanea unha investigación sobre técnicas para paliar o quecemento global

22/06/2025 14:22

A investigación céntrase en diminuír e evitar o uso de insecticidas, pesticidas e herbicidas e substituílos por técnicas agroecolóxicas


Atopan unha muller morta na piscina da súa casa en Coristanco

22/06/2025 14:11

O fillo da vítima chamara o 112 avisando de que súa nai caera á piscina e que podía estar morta

A piscina, que contaba con "pouca auga" e estaba cuberta con musgo, o que facía esvaradía a superficie

Ata o momento non se esclareceron as causas do suceso


Sara Guerrero mellora no tríatlon da man do seu adestrador, Gómez Noya

22/06/2025 14:04

Compartimos un adestramento coa triatleta do momento, e co seu técnico, que se coñecen de toda a vida


Imaxe do lugar do accidente

Falece un motorista tras bater contra un coche no concello de Santa Comba

22/06/2025 13:56

Ocorreu pouco despois do mediodía no quilómetro 52 da estrada AC-400 

Publicidade
Publicidade