Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta impulsa a implantación dun servizo de retirada de efectivo en estacións de servizo

A Xunta impulsa a implantación dun servizo de retirada de efectivo en estacións de servizo

O Consello da Xunta aprobou crear un sistema para poder retirar cartos en gasolineiras de concellos de menos de 20.000 habitantes

G24.gal 23/06/2025 12:13 Última actualización 23/06/2025 14:08

O Consello da Xunta aprobou este luns implantar un sistema para a retirar de diñeiro en efectivo en estacións de servizo nos 290 concellos galegos de menos de 20.000 habitantes.

Segundo detallou o conselleiro da Presidencia, Diego Calgo, a implantación será gradual para que estea totalmente implantada no ano 2028.

Ao mesmo tempo o decreto aprobado polo Consello da Xunta tamén inclúe axudas que as gasolineiras adquiran grupos electróxenos que lles permitan continuar mantendo o servizo en caso dunha caída da subministración eléctrica, e poder salvar situacións como as que se viviron no apagamento xeral do pasado 28 de abril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade