Publicador de contidos

Publicador de contidos

A guerra Israel-Irán chega aos nosos petos, por Venancio Salcines

OPINIÓN

A guerra Israel-Irán chega aos nosos petos, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 23/06/2025 07:58

Dende onte Irán quere bloquear o Estreito de Ormuz. A decisión non parece axeitada porque estaría bloqueando a súa principal fonte de ingresos. Pero o sentimento de vinganza parece tan evidente que parece estar disposta a facerse mal a si mesma se con iso provoca males maiores. Pero na vida non é querer e poder. E non está claro que teña esta capacidade. En fronte terá a mariña norteamericana e posiblemente tamén a británica, que ten sede en Bahrein. En todo caso, hoxe veremos subidas do prezo do petróleo, e mentres a ameaza estea presente e en ascenso, esas subidas serán maiores. Canto? Todo depende de se o bloqueo se produce. Se este chega a ser unha realidade, o que vexo difícil, o impacto mundial sería total. E o dano moi en función do tempo que fose real o bloqueo.

O que é evidente é que entramos nun escenario bélico con claras tinturas económicas que levarán o mundo enteiro a reclamar dúas cousas: que termine pronto e que o faga sen escalar. O primeiro pode ser posible, o segundo véxoo máis complicado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar