O ministro de Defensa israelí ameaza con destruír Gaza se non hai acordo
Israel quere chegar a un acordo de cesamento do fogo que lles sexa favorable
Os familiares dos cativos protestan hoxe na residencia do mandatario para que acepte as condicións

O ministro irsraelí de defensa, Israel Katz, ameazou con destruír Gaza se Hamas non acepta as súas condicións para un cesamento do fogo.
Foi este venres cando, nunha mensaxe en X, Katz dixo que os plans das Forzas de Defensa de Israel están listos para derrotar a Hamas. Hai que destacar que, en Gaza hai cerca dun millón de palestinos, entre eles nenos enfermos e desnutridos.
Sobre a posible negativa de Hamas a chegar a un acordo favorable a Israel, Katz advertiu de que se non hai acordo, Gaza converterase en Rafah e Beit Hanoun.
As urbes de Rafah, no sur, e de Beit Hanoun, no norte de Gaza, foron baleiradas de poboación e destruídas con bombardeos, explosións e demolicións.
Por iso, o ministro israelí insistiu en que Gaza sufrirá as consecuencias de non chegar a un acordo que lle conveña a Israel.
Onte, o primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, anunciou que daría luz verde tanto á toma de Gaza coma a renovar as negociacións con Hamas.
Os familiares dos aínda 50 cativos protestarán esta tarde fronte á residencia do mandatario en Xerusalén para que acepte o acordo sobre a mesa.
A operación contra Gaza podería comezar en días. O exército israelí comezou a contactar persoal médico e a desprazar ás organizacións internacionais do norte ao sur.