O camiño portugués pola costa consolídase como a ruta xacobea que máis medra
Esta ruta pola costa tivo un incremento do 20% de pergrinos no primeiro semestre de 2025
O 87% destos peregrinos do camiño portugués pola costa son extranxeiros.
O camiño que une O Porto con Compostela ten dúas sendas. Unha de interior e outra, polo litoral atlántico. Segundo os datos oficiais, é esta ruta portuguesa pola costa a que máis medrou en número de peregrinos no primeiro semestre de 2025.
O camiño portugués da costa, este que pasa por cabo Silleiro, segue o litoral atlántico desde O Porto. Pasa por Viana, pola Guarda, por Vigo, e xa en Redondela únese co camiño portugués central que chega a Compostela. As cifras que achegan as cartas compostelás e tamén os rexistros nos hoteis e albergues, falamos de xaneiro a xuño deste ano, consolidadan o da costa como a ruta que máis medra cun 20% máis de peregrinos que o mesmo semestre do ano pasado.
A maioría, un 87% son camiñantes estranxeiros. E todos eles, sobre todo os que fixeron antes outros camiños: o primitivo, o francés ou o inglés, coinciden en que este ten menos dificultade, menos desniveis, sen grandes subidas nin baixadas, e que camiñando vendo o mar é unha experiencia inspiradora.
Aínda que o camiño portugués comeza en Lisboa a maioría dos que hoxe atopamos fano desde O Porto. O perfil do camiñante é unha persoa sen compaña ou unha parella na madurez que busca unha experiencia algo máis levadía e menos dificultosa ca outros camiños, como o primitivo ou o francés.
Agás unha parella de Xixón, hoxe non atopamos a ninguén español, pero si ingleses, polacos, italianos e holandeses. De feito, os datos de turismo de Galicia reflicten que o 87% destes peregrinos do camiño portugués pola costa son estranxeiros.
Mar, montaña e etapas sen demasiada dificultade están detrás do incremento de peregrinos neste camiño a Compostela pola costa.