Publicador de contidos

Publicador de contidos

As obras do viaduto da autovía Santiago-Ourense sobre a A-52 afectará o tráfico a partir do luns

As obras do viaduto da autovía Santiago-Ourense sobre a A-52 afectará o tráfico a partir do luns

Vai ser necesario un corte de tráfico entre as 10:00 horas do martes e as 13:00 horas do venres

O corte realizarase na vía dereita da AG-53, en dirección Ourense, desde a ligazón coa AG-54 no quilómetro 79

Viaducto da AG-53 sobre a A-52 e enlace en dirección Ourense e Toén Viaducto da AG-53 sobre a A-52 e enlace en dirección Ourense e Toén
G24.gal 22/06/2025 21:10 Última actualización 22/06/2025 21:15

O luns, 23 de xullo, comezan as obras para mellorar os apoios do taboleiro do viaduto da autovía Santiago-Ourense (AG-53) sobre a A-52. Estas obras de mellora van afectar ao tráfico.

A Xunta informou nun comunicado, que esta actuación está previsto que se realice ao longo da semana que vén. Explica o Goberno galego que vai ser necesario un corte de tráfico entre as 10.00 horas do martes e as 13.00 horas do venres.

O corte realizarase na vía dereita da AG-53, en dirección Ourense, desde a ligazón coa AG-54, no quilómetro 79. O tráfico vai ser desviado mediante a AG-54, N-541 e N-120, para que accedan á A-52 mediante o enlace que situado a dous quilómetros da conexión entre a AG-53 e a A-52.

O tráfico procedente da AG-54, do Carballiño, tamén se verá afectado. Este tráfico terá que pasar directamente á N-541 desde a conexión de Maside. O desvío estará sinalizado e realizarase mediante os paneis da AG-53, colocando tamén carteis específicos na conexión da AG-53 coa AG-54 e nas saídas da ligazón de Maside, para orientar aos usuarios ata a N-541.

Viaducto da AG-53 sobre a A-52 en dirección Ourense e desvio a Toén Viaducto da AG-53 sobre a A-52 en dirección Ourense e desvio a Toén
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade