Culleredo investiga verteduras nunha instalación municipal procedentes doutros concellos
Entre os restos, a Policía atopou documentos identificativos de particulares e empresas
A Policía Local de Culleredo investiga varias verteduras realizadas na instalación municipal A Garrocha, e apunta a que proceden de reformas noutros concellos.
Os axentes comprobaron que o peche do recinto estaba forzado, o que habilitaba o acceso en vehículo, e analizaron que o material procedía na súa maioría de reformas de inmobles situados en locais e vivendas da Coruña e nunha vivenda de Arteixo.
E é que, entre os restos, a Policía atopou documentos identificativos de particulares e empresas. Ademais, entre os residuos localizaron mobles vellos, cascallos, restos de material como pintura.
O Concello avanzou que ha retirar os restos unha vez dispoña de todas as probas necesarias para a sanción destas infraccións.