Cargando resultados...
Pechadas ao baño varias praias de Vigo debido a unha vertedura de augas fecais na zona de Alcabre
G24.gal
29/06/2026 21:00
A Policía Local prohibiu o baño en varias praias de Vigo na tarde deste luns debido a unha vertedura "bastante forte" de augas fecais na zona de Alcabre.
Foi sobre as 15.00 horas cando varias chamadas advertiron da situación e os policías se desprazaron ao punto.
Unha vez alí, os axentes informaron aos bañistas do ocorrido e prohibiron o baño nas praias de Alcabre e do Museo do Mar.
Usuarios dos areais comentaron que o cheiro era perceptible na zona, aínda que se descoñece por agora o punto concreto da vertedura.