Publicador de contidos

Publicador de contidos

O enlace da Ramallosa estará seis semanas pechado polas obras na autovía entre Santiago e A Estrada

O enlace da Ramallosa estará seis semanas pechado polas obras na autovía entre Santiago e A Estrada

A circulación desviarase polo enlace dos Verxeles

Imaxe das obras nun dos treitos da AG-59 Imaxe das obras nun dos treitos da AG-59
G24.gal 18/05/2026 18:15

 O avance das obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada AG-59 pechan ao tráfico a ligazón da Ramallosa desde este luns e por un prazo de seis semanas. Segundo informou a Xunta nun comunicado, con este corte están pechados ao tráfico tanto o ramal de entrada como o de saída da autovía no enlace da Ramallosa e a circulación desvíase polo enlace dos Verxeles.

Este corte é necesario para os traballos que se levan a cabo no enlace da Ramallosa, que inclúen a execución de barreiras de seguridade, sinalización vertical, horizontal, así como da disposición de aglomerado da capa de rodadura do firme e a terminación de elementos de drenaxe.

A Xunta destacou que, cando estean finalizados os 7,5 quilómetros da prolongación desta autovía, o tempo de viaxe entre Santiago de Compostela e A Estrada reducirase a 10 minutos e mellorará a seguridade viaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade