Este mércores abre ao tráfico un novo treito da autovía que une Santiago coa Estrada
Ponse en funcionamento o treito de 3,5 quilómetros da AG-59 que une A Ramallosa con Pontevea
O presidente da Xunta destaca que esta infraestrutura permite aforrar tempo e mellorar a seguridade
Alfonso Rueda estreou en moto e acompañado pola conselleira de Infraestruturas o novo treito da AG-59, o que une A Ramallosa con Pontevea. Este mércores abre ao tráfico para todos os veciños. Ás 9:30 en sentido Santiago e ás 12:30 en sentido da Estrada.
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, di que "permite mellorar e facilitar as conexiones do noso concello".
O segundo treito da ampliación desta autovía, o que une Pontevea no Rollo, está en execución. Cando estea rematado Santiago e A Estrada estarán a só 10 minutos.
O presidente da Xunta di que para o ano "2028 haberá un investimento de case 70 millóns de euros". É unha infraestrutura "que se levaba esperando moito tempo. As cousas cando se empezan hai que acabalas".
Cada día pasan por esta autovía 9.000 vehículos.