Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cortes de tráfico nocturnos o martes e o mércores no acceso á Coruña por Alfonso Molina

Cortes de tráfico nocturnos o martes e o mércores no acceso á Coruña por Alfonso Molina

Non se poderá circular entre as 23:00 e as 6:00 as dúas noites

As restricións débense ás obras da nova pasarela entre as estacións

Subdelegación do Goberno Subdelegación do Goberno
G24.gal 06/04/2026 18:14

A avenida de Alfonso Molina na Coruña rexistrará cortes nocturnos este martes e o mércores polas obras da nova pasarela entre estacións. O tráfico, informa o goberno local, desviarase por rutas alternativas de entrada e saída, desde as 23.00 horas ata as seis da mañá, as noites do 7 ao 8 e do 8 ao 9 de abril.

No horario de cortes tamén permanecerá pechada a pasarela provisional por motivos de seguridade. Para asegurar a fluidez do tráfico habilitaranse itinerarios alternativos que estarán, precisa o consistorio, debidamente sinalizados e que supoñerán breves desvíos.

Na saída da cidade, no sentido de saída os vehículos serán dirixidos cara á ronda das Estacións, a través da cal se poderán circular para enlanzar novamente coa avenida de Alfonso Molina. E na entrada á cidade, os vehículos poderán acceder a través da Ronda de Outeiro.

Durante as noites nas que se producirán as restricións de tráfico, levaranse a cabo os traballos de izado e montaxe da parte central da pasarela e as ramplas laterais. A pasarela entre estacións foi desmontada integramente para sometela a un proceso de renovación que culmina estes días.

Unha vez instalados os elementos da nova estrutura levaranse a cabo os traballos para terminala e poder abrila nas próximas semanas, retirando tamén o paso provisional situado en paralelo e que dá servizo durante o proceso mellora do paso orixinal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade