Publicador de contidos

Publicador de contidos

A demolición do viaduto de acceso ao CHUAC obriga a cortar a AC-12 na Coruña

A demolición do viaduto de acceso ao CHUAC obriga a cortar a AC-12 na Coruña

As obras prolongaranse ata o mércores

Para entrar na cidade poden acceder desde a glorieta da Ponte da Pasaxe ou desde a AP-9

TVG
G24.gal 30/03/2026 09:30 Última actualización 30/03/2026 14:27

A demolición do viaduto de acceso ao CHUAC, ao complexo hospitalario coruñés, obriga a cortar dende este luns e ata o mércores a AC-12, unha das entradas prinicipais á cidade herculina. 

Son 300 metros dun escaléxtric, que foi inaugurado en 1988 e que agora será derrubado.

Mentres duren as obras, existen varias alternativas para acceder á cidade dependendo da procedencia dos vehículos, tanto desde a glorieta da Ponte da Pasaxe como desde a AP-9.

O itinerario sinalizado será pola avenida de Alfonso Molina, collendo a saída hacia o Porto e pasando pola glorieta de Matogrande ata a glorieta de Casablanca. Se o acceso é desde a área de Carballo e Arteixo, o itinerario será o habitual pasando pola glorieta de Matogrande, o túnel de Eirís e a glorieta de Casablanca.

No que respecta aos accesos de saída desde A Coruña, se se procede da glorieta da Casa do Mar, o itinerario sinalizado discorrerá pola estrada do Porto ata a glorieta de Casablanca. Tamén estará indicado, ao estar cortado o túnel dos Castros, o paso polas vías de servizo da avenida da Pasaxe ata chegar á glorieta de Os Castros e continuar ata Casablanca.

Outra alternativa será circular pola avenida de Monelos. Estean pendentes das indicacións e tiren de paciencia se entran ou saen da Coruña nestes proximos tres días.

40 profesionais traballan arreo en diferentes quendas para que os traballos non se interrompan durante as 24 horas do día. O operativo, que non utiliza explosivos, mobiliza unha ducia de vehículos industriais e maquinaria especial

"Estamos a facer un investimento importante no novo hospital de 500 millóns. É importante ter unhas infraestruturas de mobilidade acorde co que imos ter", dí a Delegada da Xunta de Galicia, Belén Docampo.

Os desvíos alternativos e o control do tráfico por parte da Dirección Xeral de Tráfico e da Policía Local están garantindo a circulación sen incidencias nos accesos á Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade