Este mes haberá novos cortes na A-6 por obras nos túneles de Pedrafita
O tráfico desviarase pola nacional sexta
Os que circulen entre Galicia e a meseta teñan en conta que este luns pola noite pecha, por obras, o túnel do Cereixal, na autovía A-6, no contorno do porto de Pedrafita.
O corte manterase ata o xoves pola mañá e o tráfico desviarase pola Nacional sexta.
Os traballos, que se centran en especial na renovación de instalacións eléctricas, faranse a continuación tamén no túnel de Doncos e no de San Pedro.
O de Doncos permanecerá pechado entre o 20 e o 22 deste mes e o de San Pedro, do 27 ao 29, con restricións nocturnas ademais ata o día 30.
Estas actuacións forman parte dun proxecto de modernización en túneles situados tanto na provincia de Lugo como na de León, entre eles os de Trabadelo, La Escrita e Villafranca del Bierzo, cun investimento de 24,7 millones de euros, financiados en gran parte con fondos europeos.
O Ministerio enmarca as obras dentro dun plan máis amplo para mellorar a seguridad e eficiencia dos túneles do corredor noroeste, que contempla tamén a actualización dos sistemas de ventilación ou o control de instalacións.