Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta converterá 26 baixos comerciais de Ourense en "polo menos 32 vivendas" para alugueiro

A Xunta converterá 26 baixos comerciais de Ourense en "polo menos 32 vivendas" para alugueiro

Os inquilinos sairán da lista de demandantes de vivenda da cidade das Burgas

Tanto a conselleira de Vivenda como o presidente da Xunta dixeron que a elección de Ourense é porque é onde o Goberno galego "menos está a construír", dada a "especial escaseza de solo público" dispoñible

G24.gal 18/05/2026 15:07

A Xunta reformará 26 baixos comerciais en desuso da cidade de Ourense para convertelos en "polo menos 32 vivendas" de promoción pública que se destinarán exclusivamente ao alugueiro de entre a lista de demandantes de vivenda da cidade das Burgas.

Así o confirmou a conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, que compareceu tras a reunión do Consello da Xunta na que se analizou o resultado da Oferta Pública de adquisición de baixos e entreplantas posta en marcha pola Xunta na cidade de Ourense.

A elección desta urbe, tal e como lembraron tanto a conselleira como o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, débese a que se trata da cidade na que o Goberno galego "menos está a construír", dada a "especial escaseza de chan público" dispoñible.

Fronte a iso, a Xunta lanzou un "proxecto piloto" de adquisición de baixos comerciais en desuso, ao que se ofertaron 26 baixos, que darán lugar, dixo a conselleira, "polo menos a 32 novas vivendas de promoción pública" para alugueiro.

Tras o proceso de ofertas, os técnicos da Xunta son os que comprobarán agora in situ a viabilidade destes locais para ser reconvertidos en vivendas. Cando sexan adquiridos, licitaranse, así mesmo, os proxectos de conversión.

O presidente da Xunta confiou no éxito deste proceso e avanzou que se o resultado "é satisfactorio", non se descarta amplialo a outras cidades de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos