Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha planta de Curtis producirá CO2 bioxénico a partir da fermentación do millo

Unha planta de Curtis producirá CO2 bioxénico a partir da fermentación do millo

A planta comezará a funcionar o vindeiro ano

Rueda destaca a capacidade de Galicia para captar empresas innovadoras

(EFE/Cabalar)
G24.gal 28/05/2026 14:51

O CO2 pasará de ser un problema a ser unha solución grazas a unha empresa de Curtis. Nela a partir do vindeiro ano o CO2 bióxenico obtido da fermentación do millo vaise empregar para a conservación de alimentos, nas bebidas con gas e tamén como combustible sobre todo para barcos e avións, entre outros usos.

Antonio Vallespir, CEO de Vertex Bioenergy, explica que "nos dous próximos anos imos investir en Galicia máis de 60 millóns de euros. Valorizamos materias primas agrícolas de forma eficiente, diversificamos os usos das colleitas e reducimos a dependencia de recursos externos.

Alfonso Rueda pon  en valor a capacidade de Galicia de captar industrias innovadoras: "Alá os que por sistema din que non queren as cousas. Nós queremos que, se se cumpre e se crea riqueza, que esa riqueza se cree aquí".

A planta do polígono de Teixeiro terá capacidade para captar 150.000 toneladas ao ano de CO2 bioxénico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade