Publicador de contidos

Publicador de contidos

1.500 seguidores da mobilidade sostible asaltaron as rúas da Coruña no regreso do Día da Bicicleta

1.500 seguidores da mobilidade sostible asaltaron as rúas da Coruña no regreso do Día da Bicicleta

A Coruña recuperou o Día da Bicicleta grazas á asociación AGAXORDE. Inscribíronse 1.500 persoas, moitas delas familias enteiras, reivindicando a mobilidade sostible.

G24.gal 22/06/2025 23:04

A Coruña recuperou o Día da Bicicleta despois de 15 anos sen celebrarse. Unha marcha sen ánimo competitivo e para a que se inscribiron 1500 persoas. Participaron familias enteiras, ciclistas de todas as idades e procedentes de ata 10 países diferentes.

O pelotón percorreu 12 quilómetros polo paseo marítimo: dende a saída no Parrote ata o estadio de Riazor, pasando pola Torre de Hércules, en camiño de ida e volta.

A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte recuperou a celebración desta cita lúdica para promover a bicicleta como medio de transporte saudable e sostible e tamén para fomentar o turismo. 

"Fixémolo este ano como proba piloto na Coruña, pero dende AGAXORDE queremos levalo a outras cidades e vilas de Galicia", comenta Álex Centeno, presidente da Asociación Galega de Xornalistas do Deporte.

Todos os participantes chegaron ao mesmo tempo, case dúas horas despois e logo de varias paradas de reagrupamento. Porque o obxectivo era gozar do camiño, non só completalo.

Exposición sobre a historia do ciclismo

Acompañou á marcha a primeira exposición sobre a historia do ciclismo na Coruña, que comeza en 1889. Unha mostra comisariada polo xornalista Lois Novo, e na que atopamos presente e pasado dun protagonista de peso, Raúl Rey, quen foi presidente fundador do Cub Cliclista Coruñés Leyma.

"O primeiro en España que fixo un Día da bicicleta foi o Club ciclista coruñés con saída e chegada en María Pita dando a volta a toda a Coruña, hai xa máis de 40 anos", comenta Raúl Rey, expresidente do Club Ciclista Coruñés.

Historia sobre dúas rodas que se seguirá escribindo nas rúas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade