Sancionan en Lugo un ciclista que quintuplicaba a taxa de alcol
Os usuarios de bicicletas e patinetes eléctricos están obrigados a someterse aos tests de drogas e alcol como o resto de condutores
Os condutores de bicicletas e patinetes eléctricos teñen que someterse ás probas de alcoholemia coma o resto de condutores cando llelo requiran os axentes.
Recentemente a Policía de Lugo interceptou un ciclista que quintuplicaba a taxa de alcol permitida e outro día deron o alto a unha muller que ía en sentido contrario e con signos evidentes de estar baixo os efectos do alcol. Enfróntanse a sancións graves.
O avogado David Couselo afirma que aos condutores de bicicletas e patinetes eléctricos "aplícasenlles os mesmos límites en canto a alcol que á xente que vai en vehículos a motor, e neste caso afrontan unha sanción administrativa dunha multa que vai dos cincocentos aos mil euros".
Circular con bicicleta ou patinete esixe coñecer e respectar as normas de tráfico.
Igualmente está prohibido circular baixo os efectos das drogas. O vehículo mesmo podería ser inmobilizado.