O CONXUNTO BRANCO SUPEROU 3-1 O PACHUCA NO SEGUNDO ENCONTRO DO MUNDIAL DE CLUBS
Primeira vitoria da era Xabi Alonso no Real Madrid
Bellingham, Arda e Valverde marcaron os goles
O Madrid xogou con 10 dende o minuto 7 pola expulsión de Asencio
O Real Madrid superou o Pachuca e volve depender del mesmo para rematar como líder do seu grupo. O partido complicouse moi cedo pola expulsión de Raúl Asencio no minuto 7 do partido. Pero Courtois volveu vestirse de santo para evitar os goles dos mexicanos e o Madrid marcou na súa primeira chegada a porta. Centro de Fran García e gol de Bellingham coa zurda no minuto 33. O Madrid apostou por un xogo rápido, vertical, con apoios e desmarques constantes. E deste xeito chegou tamén o segundo tanto. Apertura de Vinicius a Trent, centro de primeiras ao medio, descarga de Gonzalo, outra vez titular, e gol de Areda dende atrás. Malia xogar con dez os de Xabi Alonso marcharon 2-0 ao descanso.
No segundo tempo, empezaron a notar o cansanzo e Xabi Alonso moveu o banco. Entraron Modric e Ceballos para recuperar o control da pelota e os brancos empezaron a ter posesións máis longas. Huijsen volveu demostrar que non só é un bo defensa, tamén ten un gran toque de balón. Saíu ata a liña de medios e meteulle un pase en profundidade a Vinicius que agardou á chegada de Valverde. 3-0 no 70. O Pachuca fixo o tanto da honra no 80 cun disparo afastado de Montiel que petou en Tchouameni. Así chegou o primeiro triunfo de Xabi Alonso no banco branco e así recuperou o Real Madrid as súas opcións de seguir vivo neste Mundial de Clubs.