Publicador de contidos

Publicador de contidos

Barbero negocia co Deportivo a saída cara ao Legia de Varsovia

Barbero negocia co Deportivo a saída cara ao Legia de Varsovia

O dianteiro ten un ano máis de contrato pero conta cunha oferta importante do fútbol polaco

G24.gal 22/06/2025 22:58

Iván Barbero ten contrato co Deportivo ata o ano 2026. Pero o dianteiro podería deixar o equipo. Os seus representantes e o club están a negociar a súa saída porque Barbero ten unha boa oferta do fútbol polaco, do Legia de Varsovia. No Legia xogaría Europa League e podería ser rival do Celta. Barbero xogou dúas temporadas no club coruñés. Marcou once goles na campaña do ascenso e 7 o ano pasado na Segunda División, pero non foi unha peza indiscutible para Idiákez nin para Gilsanz, que o empregaron como recurso desde o banco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade