Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Galicia .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Galicia .

Galicia

O Villa de Pitanxo levaba dous tripulantes máis dos que tiña autorizados

03/10/2022 14:09

A Capitanía Marítima de Vigo abriu dous expedientes sancionadores porque a tripulación enrolada non coincidía coa declarada e porque había 24 persoas e non 22 a bordo

O certificado de estabilidade do buque prohibíalle navegar en puntos onde se puidese formar xeo na cuberta 

A representación legal da armadora admite unha "infracción administrativa" que non gardaría "a máis mínima relación co sinistro"


Denuncia os accesos con fochancas, colectores do lixo rotos e iluminación que non funciona

Os veciños dos barrios de Ourense denuncian o seu abandono

03/10/2022 14:04

Nos Viros e Mende aseguran levar anos con servizos moi deficitarios


Afectados en Muros polo cambio de titularidade dos seus bens na franxa litoral piden a desafectación

03/10/2022 14:01

Unha carta infórmaos de que seus terreos non edificados pasan a ser titularidade do Ministerio de Transición Ecolóxica

Toda a zona é obxecto dun proceso de desafectación iniciado en 2001


Produtores recollendo castaña do cedo en Vilardevós

Mingua a colleita de castaña por mor da seca

03/10/2022 13:59

Galicia contan con máis de 49.000 hectáreas de castiñeiros que producen ao redor de 20 millóns de quilos

Nas zonas máis afectadas pola falta de auga, como o sur da comunidade, a redución da colleita pode superar o 30 por cento


Gran solidariedade en Miño coa familia da veciña que morreu no incendio que calcinou a súa casa

03/10/2022 13:56

Os veciños abriron unha conta 

A vítima será soterrada este martes no cemiterio de Feáns


Temperaturas propias do verán nas Rías Baixas

03/10/2022 13:44

As xornadas serán solleiras nos próximos días


Cortan por segunda vez nunha semana os cables da fibra óptica en Celeiro

03/10/2022 13:40

A confraría de pescadores quedou paralizada debido a esta sabotaxe


Todo listo na Cidade da Cultura para acoller o macroxuízo do Alvia

03/10/2022 13:32

En total habilitaranse máis de mil metros cadrados para a localización de fiscais, xuíces e público


"Haberá unha sentenza, pero non haberá xustiza", din as vítimas do Alvia

03/10/2022 12:58

A asociación que agrupa a maioría das vítimas manifestouse ante o Congreso para pedir unha investigación técnica e independente

Pediron a dimisión da exministra de Fomento Ana Pastor, a quen acusan de realizar "manobras" para ocultar un informe sobre o accidente


O Instituto Español de Oceanografía di que "non hai xustificación" para prohibir a pesca de palangre ou a volanta

03/10/2022 10:47

O xefe de pesqueiras do Instituto Español de Oceanografía, Pablo Abaunza, di que Bruxelas utilizou informes de xeito nesgado

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  PESCA DE FONDO
Publicidade
Publicidade