Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manuel Jesús Formoso, novo deán da Catedral de Santiago

Manuel Jesús Formoso, novo deán da Catedral de Santiago

Substitúe no cargo a José Fernández Lago

Manuel Jesús Formoso, nunha imaxe de arquivo Manuel Jesús Formoso, nunha imaxe de arquivo
G24.gal 10/07/2025 17:33

O arcebispado de Santiago anunciou este xoves que Manuel Jesús Formoso Fernández é o novo deán da catedral compostelá. 

Foi elixido nunha sesión ordinaria na que participaron os capitulares José Fernández Lago, Daniel Lorenzo Santos, Elisardo Temperán Villaverde, Carlos Álvarez Varela, Manuel Ferreiro Méndez, Manuel Jesús Formoso Fernández, Francisco Buide del Real, Víctor Suárez Gondar, Andrés Fernández Farto e José Antonio Castro Lodeiro.

Formoso resultou elixido en terceira votación, ao superar os dous terzos dos votos emitidos. Substitúe no cargo a José Fernández Lago.

O novo deán é  vicechanceler do arcebispado de Santiago, profesor de inglés no seminario menor da Asunción e tamén secretario particular do arcebispo emérito, monseñor Julián Barrio. Ademais, foi moderador da Curia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade