Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece José María Díaz, deán da catedral de Santiago cando se produciu o roubo do Códice Calixtino

Falece José María Díaz, deán da catedral de Santiago cando se produciu o roubo do Códice Calixtino

Confirmouno a Diócese de Mondoñedo-Ferrol a través dun post no seu perfil da rede social X

José María Díaz renunciou ao cargo de cóengo arquiveiro, que ocupaba desde facía 36 anos,en outubro de 2011, tralo roubo do Códice

José María Díaz, deán da catedral de Santiago. Foto: Lavandeira/EFE- Arquivo José María Díaz, deán da catedral de Santiago. Foto: Lavandeira/EFE- Arquivo
G24.gal 20/07/2025 22:36

José María Díaz, sacerdote e historiador, recibirá sepultura este luns ás cinco da tarde no claustruo da catedral de Mondoñedo, a súa vila natal. Alí naceu en 1930, nunha casa moi próxma a de Cunqueiro.

O que fose deán da Catedral de Santiago cando se produciu o roubo do Códice Calixtino, José María Díaz Fernández, faleceu este domingo. Así o confirmou a Diocese de Mondoñedo-Ferrol a través dun post no seu perfil da rede social X, onde adiantou o lugar e a hora do  funeral do relixioso.

Formado intelectualmente en Roma, era un sabio cun coñecemento que abarcaba os máis diversos ámbitos da cultura e dende logo era o maior experto sobre o significado do Pórtico da Glória.

Gran parte da súa vida estivo ligada a cidade de Santiago. José María Díaz chegou á capital de Galicia moito antesde ser cóengo da catedral. Primeiro chegou a Compostela para traballar no inmenso arquivo da catedral. O seu traballo ao fronte da Catedral viuse desbordado no momento en que se produciu o roubo do Códice Calixtino por parte do antigo electricista do templo, home ao que el protexera. Era xullo de 2011.

Recuperado o Códice, en outubro de 2011, José María Díaz renunciou ao cargo de cóengo arquiveiro, que ocupaba desde facía 36 anos. Retirouse a Mondoñedo, onde nacera e en cuxo seminario fixera os primeiros estudos eclesiásticos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade