Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hoteis e restaurantes ultiman preparativos para a cea de Noitevella

Hoteis e restaurantes ultiman preparativos para a cea de Noitevella

Familias, parellas e grupos de amigos buscan establecementos que ofrezan no só a cea, senón tamén a festa para despois das uvas 

Moitos dos hoteis e restaurantes que ofrecen cea con baile teñen todo reservado dende hai semanas

Os prezos dos menús van dende os 100 euros ata mais de 800 por experiencias de luxo con aloxamento e almorzo   

G24.gal 28/12/2025 14:51 Última actualización 28/12/2025 16:32

Non se preocupar da cociña nin de buscar un local en que tomar algo despois das uvas é o que buscan quen escolle a opción das ceas con baile para a Noitevella.

"A xente busca a comodidade de ter espazo, de non estar apertados á hora de estar bailando, de ter a túa mesa. É algo que demanda moito a xente para facer unha noite completa e non ter que preocuparse..", explica Óscar Corral, xerente do restaurante Los Robles.

Nos menús non pode faltar o marisco, seguido de carne ou peixe, pero sen pasarse, que a noite é longa.

"Tampouco é un menú pantagruélico, porque a xente busca ese tema de ter despois a orquestra, pero ten que ter marisco que estamos en Galicia", engade Corral.

 E despois das badaladas ábrese a pista de baile, en moitos casos ata case raiar o día.

"Isto vai con barra libre e o chocolate de madrugada. Temos a orquestra Compostela e a Uxío, que é un picadiscos fantástico. Temos unha noite moi completa.", afirma Óscar Corral. 

Hai opcións para todos os gustos e para todos os petos. Dende menús por uns cen euros ata chegar case aos mil por unha experiencia con cea, festa, aloxamento e almorzo especial de Aninovo.

E todo iso contra a noitiña, porque cada vez son máis os que se apuntan ao tardeo para comezar a despedir o ano aínda coa luz do día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade