Publicador de contidos

Publicador de contidos

A choiva descarga con forza na Comunidade Valenciana, con precipitacións de 113 l/m2

A choiva descarga con forza na Comunidade Valenciana, con precipitacións de 113 l/m2

Durante esta mañá, a Aemet activou o aviso vermello na Vega del Segura por chuvia torrencial e pedrazo

Ademais mantén o laranxa no litoral de Granada e varias comarcas de Almería

G24.gal 28/12/2025 14:51 Última actualización 28/12/2025 15:23

A choiva está a descargar con forza este domingo en varios puntos da Comunidade Valenciana, especialmente na provincia de Valencia, onde a localidade de Simat da Valldigna leva acumulados 113 litros por metro cadrado, dos que 44 se rexistraron en 30 minutos.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) ten activado o aviso laranxa por choiva para este domingo en toda a provincia de Valencia, por precipitacións que poderían deixar 40 litros nunha hora e entre 100 e 150 en 12 horas, así como o aviso amarelo por tormentas nesta provincia e por choiva en Alacant e no interior sur de Castelló.

O temporal provoca desaloxos en Alacant e barrancos desbordados en Valencia

O temporal que afecta a boa parte da Comunidade Valenciana e Murcia provocou o desaloxo preventivo de vivendas no municipio alacantino de Benferri e o desbordamento de varios barrancos na rambla do río Vaca.

Segundo informou o conselleiro de Emerxencias, Juan Carlos Valderrama, tras a reunión de coordinación celebrada no complexo da Eliana, a maior cantidade de choiva concéntrase nas comarcas da Safor e A Ribeira.

O conselleiro pediu precaución aos condutores que circulen pola A-7, por encoramentos de auga, e tamén aos da A-3, especialmente nas zonas e Buñol, Utiel e Requena, porque se poden atopar con sarabiadas.

Cataluña desactiva a alerta por choiva, pero mantén a prealerta por risco de aludes

Protección Civil da Generalitat de Cataluña desactivou ao mediodía deste domingo a alerta do plan especial de emerxencias por inundacións (Inuncat) ao mellorar as condicións meteorolóxicas, aínda que mantén a prealerta por risco de aludes no Pireneo Oriental.

A estabilización meteorolóxica permitiu que o caudal de auga dos ríos das concas internas de Cataluña, que baixa aínda cun volume superior ao habitual, se fora normalizando.

Tras o episodio de choivas intensas dos últimos días, Protección Civil pide tamén extremar as precaucións, xa que o terreo está moi húmido e poden producirse desprendementos de terra, caídas de árbores e mobiliario urbano, mesmo nas zonas costeiras afectadas pola forte ondada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade