Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rábade revive a antiga praza de abastos co seu primeiro mercado do Nadal

Rábade revive a antiga praza de abastos co seu primeiro mercado do Nadal

Hai unha vintena de postos, moitos con produtos locais

G24.gal 28/12/2025 14:43 Última actualización 28/12/2025 14:56

O que antigamente foi a praza de abastos de Rábade acolle esta fin de semana os postos do mercado de Nadal, o primeiro que se organiza neste concello lucense.

Hai unha vintena de postos, con obxectos de artesanía, licores, viños, candeas. É unha fonte de inspiración para os que buscan un regalo singular. Tamén é un escaparate para promocionar os produtos locais. 

A iniciativa é só esta fin de semana, pero supón recuperar un espazo céntrico e enchelo de contido... outro xeito de dinamizar a localidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade