Publicador de contidos

Publicador de contidos

O actor galego Celso Bugallo morre en Pontevedra aos 78 anos

O actor galego Celso Bugallo morre en Pontevedra aos 78 anos

Traballou cos grandes cineastas e en 2005 recibiu o Goya pola película Mar adentro de Alejandro Amenábar

En 2021 volveu ser candidato polo seu papel na película El buen patrtón de Fernando León de Aranoa

O actor en San Sebastián no 2021. Alberto Ortega/Europa Press O actor en San Sebastián no 2021. Alberto Ortega/Europa Press
G24.gal 21/12/2025 16:43 Última actualización 21/12/2025 17:56

O actor galego Celso Bugallo (Sanxenxo, 1947) faleceu en Pontevedra aos 78 anos e será incinerado este domingo na máis estrita intimidade.

Quería ser futbolista pero a interpretación levouno por outro camiño. Comezou nos anos 70 no teatro, onde fixo un nome grazas ao seu enorme talento.

Non foi ata os 52 anos cando debutou na gran pantalla. Fíxoo en 1999, da man do director José Luis Cuerda, na película A lingua das bolboretas.

Pouco despois chegaron Los lunes al sol (2002), O lapis do carpinteiro (2003), A vida que che espera (2004) ou Mar adentro (2004), co que gañou o Goya ao mellor actor de elenco.

Alberto Ortega/Europa Press Alberto Ortega/Europa Press

Todo un "roubaescenas" do cinema español, ao longo da súa dilatada carreira participou en filmes como La noche de los girasoles (2006), La isla interior (2009), Palmeiras na neve (2015) ou A praia dos afogados (2015).

El buen patrón (2021), pola que volveu ser candidato ao Goya, ou as películas A mazá dourada (2022) e Loli Tormenta (2023), foron algúns dos seus últimos traballos.

Ademais, a Celso Bugallo tamén o vimos en numerosas series de televisión, entre elas, Mareas vivas, Rías Baixas, Periodistas, Los hombres de Paco, El incidente ou Fariña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade